Estas obras comprometidas plasmaranse nun convenio entre a entidade publica e o ente municipal para iniciar a redacción dos correspondentes proxectos para a súa posterior licitación
Viveiro, 21 de marzo de 2025. O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, visitou esta mañá o porto de Viveiro da man da súa alcaldesa, Mariña Gueimunde, para visitar in situ o entorno do peirao vello, zona na que a nova rexedora solicitou que se actuase de xeito prioritario. Este encontro tivo lugar unha semana despois do celebrado pola rexedora e o conselleiro do Mar, o mariñao Alfonso Villares, na que abordaron as actuacións previstas por parte do departamento autonómico no municipio lucense.
Álvarez, acompañado de persoal técnico pertencente ao ente autonómico, supervisou o actual estado do nomeado espazo e acordou coa responsable municipal a realización de varias actuacións. Por un lado, acometerase un paseo no borde marítimo entre a coñecida como ‘Casa do Guardamuelles’ ata o Náutico de Viveiro e a reurbanización do aparcadoiro do peirao vello. Por outro lado, tamén se comprometeu á rehabilitación do primeiro inmoble, edificio catalogado polo seu valor patrimonial e, aproveitando a pavimentación da explanada do porto deportivo de Viveiro prevista para esta primavera, acometerase a reorganización do espazo destinado a aparcadoiro no entorno do peirao do náutico.
Nesta liña, o presidente da entidade pública recordou que este ano vaise a realizar a substitución das luminarias do recinto portuario por dispositivos LED que suporá un investimento de 93 mil euros e a citada a pavimentación da explanada do porto deportivo de Viveiro cun desembolso de 91 mil euros.