Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2025. Portos de Galicia ten previsto iniciar os traballos de reparación do porto do Vicedo antes de finalizar o mes de marzo e que corresponden á segunda fase das actuacións iniciadas o pasado ano de estabilización do peirao da lonxa. Nunha primeira fase que consistiu na consolidación da banqueta do porto, que presentaba unha perda de material na base o que provocou a apertura dunha fenda en superficie.
Esta actuación foi complementada con melloras neste porto lucense que incluíron a reparación das pezas metálicas laterais de protección do peiraos, que se atopaban deterioradas pola acción do mar sobre elas. Nesta segunda fase que se inicia este mes procederase á reparación da pavimentación da superficie e de parte da vía de entrada ao porto. Tamén estase levando a cabo o control topográfico para comprobar a evolución dos traballos realizados para confirmar que o peirao esta definitivamente asentado.