Site icon Crónica3.com A Mariña

Paseo guiado por Foz e Barreiros

A Mariña, 28 de marzo, 2025. A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradores con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farese unha parada para xantar de picnic. A volta farase en tren.

As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€ persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.

Exit mobile version