Site icon Crónica3.com A Mariña

O Senado aproba unha moción do PP para forzar ao Goberno a iniciar as obras da autovía da Mariña ao longo de 2025

Balseiro censura a falta de compromiso do PSOE, que se abstivo, e do BNG que nin tan sequera se presentou ao debate

A Mariña, 10 de marzo de 2024. O Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa na Comisión de Transportes que insta o Goberno de España a iniciar, durante este ano 2025, as obras en todos os tramos da autovía dá Mariña (A-74).

A iniciativa saíu adiante sen ningún voto en contra, aínda que o seu autor e o encargado de defendela, o senador José Manuel Balseiro, censurou o feito de que non todos os partidos teñan igual nivel de compromiso con esta demanda.

“O PSOE abstívose. Non a apoiou a pesar de que estábamos dispostos a aprobar a súa emenda sempre e cando se incluíse o inicio das obras durante este ano. E a única senadora do BNG, nin tan sequera se presentou ao debate, mostra do pouco que lles importa a estes partidos a A Mariña lucense”

“Levamos demasiado tempo esperando” por unha autovía, explicaba Balseiro, que aspira a servir de itinerario alternativo á actual estrada nacional N-642, unha carretera convencional que soporta demasiado tráfico e non está ben conservada.

O senador lamentou a falta de avances nesta autovía e explicou que “levamos sete anos perdidos” para A Mariña, xa que o Goberno de Pedro Sánchez nin tan sequera foi capaz de executar os 4M€ comprometidos nos orzamentos xerais do Estado que deixou consigandos Rajoy.

“As obras da autovía poden iniciarse se hai vontade” -insiste Balseiro, que lembra se que dispoñer desta autovía é “unha reivindicación xusta e cun amplo respaldo social. E agora tamén, dun mandato firme do Senado ao Goberno de España”.

Exit mobile version