O grupo compostelán actuará este sábado 8 de marzo ás 22:30 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurni 9
Ulex, nome científico do toxo, fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Con influencias de bandas galegas como Ataque Escampe, Familia Caamagno, Grande Amore, The Rapants ou O Sonoro Maxín esta banda fai rock atolondrado – como din eles – con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega.
Este mes de febreiro presentaron o seu primeiro disco, ‘Lonxe de ti’. Ulex fálannos coas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da amizade e to tempo que lles toca vivir.