Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE da provincia de Lugo lamenta profundamente o falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos

Lugo, 1 de marzo de 2025. Desde o PSOE da provincia de Lugo “queremos expresar a nosa inmensa tristeza polo inesperado falecemento de Paula Alvarellos, unha muller entregada á súa cidade e á súa xente. Unha gran persoa”.

“Paula foi unha socialista comprometida e unha servidora pública incansable. Durante anos, traballou dende o Concello como concelleira, sempre coa vontade de mellorar Lugo e a vida da súa veciñanza. Hai un ano asumiu a Alcaldía con ilusión, responsabilidade e a mesma paixón que sempre puxo ao servizo do ben común”.

“A súa pegada queda en cada proxecto no que se implicou, en cada veciño e veciña aos que escoitou e en cada avance que conseguiu para Lugo. Neste momento de fonda dor, desde o PSOE da provincia Lugo queremos trasladar todo o noso apoio e afecto á súa familia, amizades e compañeiros”.

Exit mobile version