Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente expón na FEMP o modelo de turismo sostible que impulsa a Deputación

José Tomé defendeu este venres no Palacio de Congresos de Palma de Mallorca a estratexia turística da institución provincial na mesa de debate Retos do Turismo Responsable, no marco da VI Conferencia de Presidentes de Deputacións Provincias, Cabidos e Consellos Insulares

Lugo, 21 de marzo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo expuxo este venres no Palacio de Congresos de Palma de Mallorca o modelo de turismo sostible e de calidade que impulsa a Deputación, no marco da VI Conferencia de Presidentes de Deputacións, Provincias, Cabildos e Cosellos Insulares. Fíxoo durante a celebración esta mañá da mesa de debate Retos do Turismo Responsable, onde puxo como exemplo a estratexia turística pola que aposta a institución provincial baseada nun turismo de experiencias, que fomenta a xeración de emprego, a desestacionalización, o coidado do medio ambiente e a creación de riqueza para o territorio, especialmente nas zonas rurais.

José Tomé destacou que Lugo é unha provincia que combina a súa riqueza paisaxística co seu valioso patrimonio cultural e reivindicou o compromiso da Deputación cun modelo de turismo responsable que busca dinamizar a economía local, ao tempo que se poñen en valor os recursos naturais, culturais e etnográficos da provincia.

“Lugo é unha provincia rica en paisaxes naturais e patrimonio cultural, e estamos a traballar para que o turismo sexa unha ferramenta clave para o desenvolvemento sostible e equilibrado de todo o territorio, especialmente nas zonas rurais, onde o risco de despoboamento é unha realidade”, afirmou José Tomé, quen engadiu que “o noso modelo de turismo sostible ten en conta tanto as necesidades das comunidades locais como as dos visitantes, creando experiencias auténticas que respectan os valores naturais e culturais da nosa terra”.

O Presidente tamén sinalou a importancia de desenvolver produtos turísticos que abranguen todo o territorio e o fagan atractivo para os visitantes. “As masificacións combátese diversificando e xerando novos polos de atracción en lugares distintos aos tradicionais”, explicou e incidiu que “non hai en Lugo un lugar, por pequeno que sexa, que non mereza unha visita”.

José Tomé subliñou tamén a necesidade de desestacionalizar o turismo, creando unha oferta que se adapte ao longo de todo o ano, con rutas, actividades ou festividades que se ofrezan en diferentes épocas. “A nosa aposta é un turismo inclusivo que ofreza alternativas para todo tipo de público e que se adapte á realidade do territorio, desestacionalizando e creando novos polos de atracción durante todo o ano”, manifestou.

O mandatario provincial puxo como exemplo de éxito desta estratexia á campaña arredor dos camiños da auga, recentemente presentada na feira Fitur. Destacou que esta campaña fai visible unha parte menos coñecida, pero igualmente atractiva, da provincia en torno á agua que está presente en Lugo, “desde os ríos e humedais ata os paisaxes fluviais únicos do Miño e os canyons do Sil”, concluíu o Presidente.

A VI Conferencia de Presidentes de Deputacións, Provincias, Cabildos e Consellos Insulares, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Democracia e Goberno Local, foi un espazo para a reflexión, a coordinación e o impulso de políticas estratéxicas nos gobernos locais intermedios de España, especialmente nas áreas de turismo, desenvolvemento sostible e xestión do territorio.

Exit mobile version