Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que a alcaldesa “é incapaz de dar a orde de cambiar as lámpadas das rotondas que unen as nacionais 634 e 642 e de acceso á A-8 en Barreiros, fundidas dende maio do ano pasado”

José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais” porque “ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co  alumeado apagado, cando se pode solucionar cunha acción tan sinxela como cambiar as lámpadas fundidas” 

Barreiros, 3 de marzo de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros insisten na necesidade de cambiar as lámpadas da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, ademais da vía que dan acceso á mesma, para “garantir a seguridade viaria”.

O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, recorda que estes  farois fundíronse en maio do ano pasado mentres que os da rotonda de acceso a  autovía A-8 levan anos así e non se volveron a acender a pesar de que “esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña, polo que é un punto polo que circulan cada día miles de vehículos”. “Ninguén pode entender que non teña iluminación”, sinalou.

As estradas N-642 e N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que  ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.

José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais” porque “ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co  alumeado apagado, cando se pode solucionar cunha acción tan sinxela como cambiar as lámpadas fundidas”.

Exit mobile version