A xornada celebrarase este venres 7 de marzo a partir das 16:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá
O voceiro do PP de Lourenzá, Roberto Díaz, explica que “se trata dunha xornada moi interesante e fundamental para os profesionais do sector, que son moitos na nosa comarca, xa que hai que buscar o xeito de atopar solucións aos problemas existentes e que puideran aparecer para garantir a viabilidade desta profesión”.
Ademais, Roberto Díaz recorda que “xa levamos tempo traballando e reuníndonos con Agacal para analizar a situación pola que atravesa o sector e poder chegar a solucións e conclusións que poder trasladarlles aos fabeiros, xa que a realidade é que están moi preocupados pola situación actual”.
A xornada terá lugar este venres 7 de marzo, a partir das 16:00 horas, no salón de actos do Concello de Lourenzá e contará coa presenza de Martin Alemparte Vidal, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e de Alfredo Taboada, tecnólogo investigador Agacal-CIAM e responsable da sección hortícola do Banco de Recursos Fitoxenéticos Agacal.