Dende o PP de Burela denuncian que “mentres que co común dos veciños e veciñas de Burela, a señora López Moreno ten un procedemento totalmente inflexible no referente á aplicación da normativa, vemos como ten unha estraña e anómala flexibilidade con algunha gran empresa”
Burela, 3 de marzo de 2025. Os concelleiros do PP de Burela critican “a dobre vara de medir” que ten a señora alcaldesa á hora de aplicar as normativas que rexen a actividade municipal.
Os concelleiros populares afirman que “temos que denunciar a dobre moral da señora López Moreno en relación ao trato que lle dispensa aos veciños e veciñas de Burela, moi diferente ao que ten con algunha das empresas definidas no seu día polos seus socios de goberno do BNG como do ‘gran capital’”.
Dende o PP de Burela denuncian que “mentres que co común dos veciños e veciñas de Burela, a señora López Moreno ten un procedemento totalmente inflexible no referente á aplicación da normativa, vemos como ten unha estraña e anómala flexibilidade con algunha gran empresa”.
Os concelleiros populares fan referencia, por exemplo a incrible intensidade recadatoria da Policía Local no que vai de mandato, que vai camiño de bater un récord, ou a obrigatoriedade previa do pago da taxa para todos os veciños e veciñas antes de obter calquera licenza de obra, mentres que no polo oposto aparece unha empresa que se quere instalar no polígono portuario de Burela que obtivo a súa licenza de obra antes do verán do 2023 sen que ata o día de hoxe (ata onde nós sabemos) aboara un só céntimo da taxa da licenza que por aquel entón era de preto de 400.000 euros.
“Como poden comprobar os veciños e veciñas de Burela, a alcaldesa López Moreno é inflexible co común dos veciños e sumamente laxa, rozando a ilegalidade, con algunha gran empresa. E é está a forma que ten de proceder e de defender para preocuparse dos intereses dos veciños e veciñas da nosa vila a señora López Moreno??? Se é así, o conxunto dos veciños e veciñas de Burela estamos aviados, que deus nos colla confesados de cara ao que queda de mandato”, lamentaron.