Cervo, 30 de marzo de 2025. A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de celebrar o VIII Maratón de tute. Esta actividade tivo lugar este sábado, día 29 de marzo, nunha carpa instalada nas inmediacións do local social de Trasbar.
Esta é xa a oitava edición que organiza este colectivo que contou este ano coa participación de 32 parellas que competiron dende ás 17.00h ata as 05.00 h do domingo, xogándose unha final e dúas repescas.
A clasificación foi do seguinte xeito:
Na segunda repesca: segundo premio para Paco e Fernando, e primeiro premio para Antonio e Abadín.
Na primeira repesca: segundo premio para Mario e Víctor e primeiro premio para Abelardo e Crisanto.
Na final: cuarto premio para Jaime e Torero, terceiro premio para Bernardo e Fustes, segundo premio para Manolo e Javi e primeiro premio para Felipe e Carambolo.
A organización agradece a participación de toda as parellas que se anotaron e agardan poder contar con todas elas en vindeiras edicións.
“O noso agradecemento tamén a todas as persoas que colaboraron coa Xunta Directiva desta asociación na organización desta actividade, e moi especialmente, ao Concello de Cervo pola súa colaboración e pola boa disposición que mostra sempre con esta asociación, a Distribuciones Carreiras e Enrique Carnicería”.