Viveiro, 24 de marzo, 2025. Dende o Grupo muncicipal socialista dan as grazas a todos os veciños e veciñas de Viveiro e de toda a comarca da Mariña por acudir este domingo á manifestación en defensa dunha sanidade pública e de calidade, malia choiva.
A voceira do Partido socialista de Viveiro María Loureiro afirma que: “Non podemos normalizar que para pedir unha consulta ao noso médico de cabeceira teñamos que esperar ata J5 días, non podemos normalizar que só haxa un pediatra para os nosos nenos e nenas, que dos 8 médicos que debe haber pola mañá haxa catro o incluso un, como pasou no mes de agosto. Non podemos normalizar que só haxa unha ambulancia medicalizada para toda a comarca da Mariña, unha poboación de 70.000 habitantes”.
O grupo Municipal socialista lamentan a aunsencia de todo o grupo de governo, e da Alcaldesa de Viveiro, “son conocerdores da situación do centro de saúde de Viveiro e decidiron non estar ao carón dos seus veciños e veciñas, preferirion ir de comida política”.
Tamén denuncian que dende o Concello non lles deixasen á PLataforma Sanitaria da Mariña organizadora da manifestación a tarima e un equipo de son que xa tiñan autorizado polo anterior governo.
No vindeiro pleno o grupo municipal vai presentar un rogo para que a Aldadesa explique o motivo polo cal non se lles deixou o que pedía a pesar de que estaba autorizado.