Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola igualdade convoca á cidadanía á manifestación que terá lugar este sábado en Ribadeo co gallo do 8M

A Mariña, 6 de marzo, 2025. O 8 de Marzo, día Internacional da Muller Traballadora, un ano máis, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca á Mariña Lucense para recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. “Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación”.

“Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado”.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00h en Ribadeo, con saída ás 18h do aparcadoiro de camións preto do IES Dionisio Gamallo, baixo o lema “Feminismo para transformar a vida das mulleres”.

Exit mobile version