“O que non se dixo no pleno pasado, non deixando turno de palabra ao grupo municipal socialista en resposta á intervención do novo Concelleiro de facenda”.
Viveiro, 28 de marzo, 2025. O Partido Socialista de Viveiro explica: “Temos que indicar que en relación o cumprimento de estabilidade orzamentaria o Concello de Viveiro en 2024, cumpre co obxetivo de estabilidade orzamentaria cunha capacidade de financiamento de 560.893,71 €, cumpre asi tamén coa regra de gasto. Esta é a diferenza entre o gasto computable do exercicio e o gasto máximo da liquidación do exercicio anterior (11.604.376,58 € en 2024 frente ós 11.911.860.82 € em 2023). Tamén se cumpre co límite de débeda pública pechando o exercicio en 6.697.444,66 € o que supón un 45,38 % dos ingresos correntes de caracter ordinario. En relación ó periodo medio de pago no cuarto trimestre foi de 35,26 dias”.
En resposta ao recen nombrado 1º Tenente de Alcadesa e Concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Viveiro, Martín Vale, tralo pleno de organización, no punto de dación de conta da liquidación do orzamento 2024 dende o grupo municipal do PSdG-PSOE quérese manifestar o seguinte: “Dito Concelleiro sitúa en 800.000 e en negativo o desfase nas contas e lamenta, lastra aínda máis a situación coa que empezamos este novo proxecto. Todos os anos houbo que facer encaixe de bolillos para cadrar o orzamento municipal e este exercicio non será menos, e así llo facíamos saber o partido popular cando estaba na oposición, facendo caso omiso”.
“Indicarlle ó concelleiro que o importe real das facturas pendentes de aplicación e de 427.669,74 € pendentes de aplicación de 2024, todas elas correspondentes a suministros e servizos: 26.620,00 € (aluguer de equipos de luz e son festas patronais Viveiro), 186.783,21 € (enerxía electrica, limpeza e recollida de lixo e outros suministros), 211.913,41 € (Sogama e boletíns instalacións luz, enerxía electrica, clinica veterinaria e programa madrugadores), 2.353,12 € (servizo de xantar na casa). Ademáis de 38.000,00 € por promoción turística”.
“Subliñar que tal como se refricte no informe de intervención municipal o remanente de tesourería total foi de 1.780.103,08 €, deducíndose desa cantidade créditos pendentes de cobro de dificil ou imposible racadación nos exercicios comprendidos entre 2019 e 2024. O remanente de tesorería para o exercicio pechado e negativo en 219.045,50 €, que terá que ser incluido no orzamento de 2025, ademáis dunha devolución de ingresos por importe de 4.467,64 €”.
“En relación ao indicado polo propio Concelleiro de que hai 132.000 € de subvenciones concedidas -cobradas polo Concello en convenio coa Deputación e non pagadas por diferentes motivos ás asociacións-, antes de votar as campás ao voo, debería de informarse cos técnicos de porqué quedaron pendentes de abono aos respectivos colectivos. Non foi por culpa do anterior equipo de governo, senón por mor de que varias das asociacións e clubs non presentarón a documentación completa para a súa xustificación en tempo e forma, antes do 30 de novembro nin durante o mes de decembro, para poder resolver dentro do exercicio 2024. Desde os servizos económicos trataron por todos os medios que puideran entrar a tempo e dado que non foi así, había consignación económica para dentro do ano pero non se pode prorrogar o ano seguinte. Unha vez teñan prese en regra, as cantidades pendentes, na maioiría o 20 % restante, (pois a moitas delas xa se abonara o 80% de anticipo), deberán ser incluidos no orzamento de 2025”.
“Indicarlle o citado Concelleiro e ao novo equipo de governo que o Concello de Viveiro ven lastrado dende fai moitos anos, vendose cunha economía encorsetada por mor da debeda contraída. En 2014 a debeda acumulada ascencia a 13,2 millons de euros. A peche do exercicio 2024 o saldo pendente de amortización é de 6.697.444,69 €, un total de 7.070.437,00 € amortizados en estes 10 anos, todo elo mantendo servizos e sen aumentar impostos, cuhas amortizacións anuais nos últimos exercicios de preto 900.000 €, reducíndose para 2025 a metade pola amortización total dunhas das operacións de préstamo”.
“Despois do paso da pandemía do covid, todos os cidadáns e tamen ás administracións tívemos un encarecemento nos prezos dos servizos, bens e suministros, e por elo tanto nas economías domésticas como nas propias administracións houbo desfases, dado que a carestía subiu moito máis que os ingresos. O concello de Viveiro non foi alleo a este desaxustes e foi tratando de apaliar como ben puido dita situación, como no resto doutros concellos.Esa realidade fixo que en 2023 fora un exercicio moi complicado, facturas procedentes de 2023 que non puideran ser imputadas e atendidas en dito exercicio. Todas elas recoñecidas e que se puideron pagar con cargo ao remanente de tesoureira de 2023 e outras incluidas nos orzamentos de 2024”.