
Correrá a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención. Exporanse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados. O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.