Correrá a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención. Exporanse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados. O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.
O domingo 30 de marzo terá lugar ás 19:00h unha charla nas Escolas Vellas de Barreiros para falar sobre os resultados da escavación arqueolóxica realizada en Santo Estevo do Ermo
