Terá lugar este venres, día 28 de marzo, ás 20:00 na sala multiusos da Casa do Concello
Viveiro, 25 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro e o hospital Ribera Polusa Viveiro organizan a 2º edición da súa Xornada de Saúde da Muller.
Será este venres, día 28 de marzo, ás 20:00 na sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro, no número 1 da Praza Maior. A entrada ao acto será de balde e libre ata completar aforo.
A charla será impartida polo xinecólogo do hospital Polusa, Ezequiel Cardoso. O profesional foi o encargado tamén da primeira edición da xornada, que se desenvolveu o ano pasado centrada na menopausia.