Trabada, 18 de marzo de 2025. O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido, colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos “Xogos e actividades de Pascua”, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).
O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696 266 162.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia deste tipo de iniciativas e reafirmou o compromiso do Concello coa colaboración en eventos que promoven a participación cidadá e a dinamización local.
“Continuamos ca colaboración con todas as asociacións e clubs do noso concello, dado que fan unha labor moi importante de dinamización do noso municipio”, sinalou.
O Concello de Trabada anima a participar nesta xornada festiva e a gozar dunha tarde de xogos e creatividade en familia.