Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Navia concederá a Medalla de Ouro ao C.P. Ramón de Campoamor polo seu 50 aniversario

Navia, 27 de marzo de 2025. O equipo de goberno do Concello de Navia presentou unha moción para a concesión da Medalla de Ouro do municipio ao Colexio Público Ramón de Campoamor, en recoñecemento á súa traxectoria educativa e á súa contribución ao desenvolvemento social e cultural de Navia.

Este centro, fundado en 1975, foi unha peza crave na formación de numerosas xeracións e destacou pola súa aposta pola innovación, a inclusión e o impulso da cultura local. Na actualidade, segue sendo un referente educativo, acollendo nas súas instalacións a Escola Infantil “Pinín” e aulas do Centro de Educación de Persoas Adultas de Vegadeo.

O equipo de goberno sinalou que: “El 50 aniversario del colegio es una ocasión única para reconocer su papel en la historia de Navia. Esta distinción simboliza el agradecimiento de toda la comunidad a la labor del centro y su compromiso con la educación”.

A proposta inclúe a organización dun acto institucional para a entrega da Medalla de Ouro no marco das celebracións do aniversario, coa participación da comunidade educativa e autoridades locais.

Exit mobile version