Foz, 13 de marzo de 2025. O Concello de Foz e o Centro Dramático Galego únense para ofrecer a posibilidade de acudir o domingo 23 de marzo ao Salón Teatro, de Santiago, para ver de forma gratuíta a obra de teatro A burra, a mesa e o pau, que esta compañía (CDG) está estreando.
O Centro Dramático Galego pon a disposición 27 prazas nun autobús que sairá ás 14.45 horas do porto de Foz para ver ás 18.00 horas a función. O autobús sairá de novo ás 20.00 horas de volta a Foz. O Concello de Foz financiará o prezo da entrada dos asistentes (5 euros). “Estamos moi contentos de poder participar nesta actividade e ver unha nova creación do Centro Dramático Galego”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
As reservas poderanse facer ata o día 20 de marzo no teléfono 982.140.027 extensión 3, no mail cultura@concellodefoz.es ou na delegación de Cultura do Concello de Foz, por orde de entrada ata a finalización das prazas.