Fíxose unha nova entrega de produto atraente de balde, co fin de atacar ás raíñas na primavera
Tal e como apuntaron, o obxectivo deste novo encontro “é seguir estando, tal como vimos facendo dende que temos constancia da presenza desta especie invasora no noso Concello, ao carón dos nosos apicultores, e tentar protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas; coa campaña de entrega de atraentes de balde, que comezamos no 2017, e que, tal e como nos trasladaron, tivo a súa eficacia como ferramenta para capturar as raíñas”.
De feito, nesta reunión, logo de poñer en común a evolución das colmeas procedeuse a entregar novo produto atraínte de balde, co fin de atacar ás raíñas nesta primavera, que é o momento crucial para facelo, para tentar así frear a expansión da velutina e a formación de niños de cara aos vindeiros meses”.
A súa eficacia –explicaron- depende de que todos o utilicemos de xeito responsable “ao entregar este produto tamén estamos compartindo unha mensaxe de compromiso e responsabilidade porque todos temos un papel importante que desempeñar nesta loita, xa sexa colocando trampas, informando sobre a presenza de niños ou simplemente difundindo información sobre esta especie invasora que ataca a nosa biodiversidade”.