Este proxecto pretende ser unha ponte cara a comprensión, a autonomía e a igualdade de oportunidades do conxunto dos escolares do centro e nace da comunicación continua que existe entre o Concello e a comunidade escolar do colexio
Cervo, 27 de marzo, 2025. O Concello de Cervo vén de adquirir carteis con pictogramas e en sistema braille que identifican os diferentes espazos do CEIP Península da Paz.
A alcadesa, Dolores García Caramés, e a concelleira, Mali Méndez, estiveron no centro supervisando in situ, co director e parte do profesorado do centro, a instalación destes paneis que contribúen a facer o centro máis inclusivo se cabe.
A rexedora, explicou que este proxecto nace da comunicación continua que temos co equipo directivo deste centro, “entendemos que é unha iniciativa moi boa, e estamos encantados desde o Concello de poder contribuír neste proxecto de sinalización, que é unha ponte cara a comprensión, a autonomía e a igualdade de oportunidades para que todo o alumnado, sen excepción, poida recoñecer e moverse polos diferentes recunchos do seu colexio con maior independencia e autonomía”.