A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou a importancia desta actuación: “Non son as obras máis vistosas nin as que chaman máis a atención, pero son fundamentais”
“O fibrocemento en Burela está desaparecendo grazas a actuacións como esta, que, aínda que non se vexan, melloran a calidade dos servizos e a seguridade das infraestruturas para todos os veciños e veciñas. Seguimos avanzando, paso a paso, cara a unha Burela máis moderna e sostible”, explicou a alcaldesa.
A actuación permitirá a eliminación progresiva do fibrocemento na rede de abastecemento, contribuíndo á modernización das infraestruturas. A intervención tamén busca previr posibles avarías, actuando en zonas con defectos actuais ou con risco de deterioro no futuro.
Ademais da renovación das canalizacións, o proxecto inclúe a mellora da seguridade dos peóns mediante a renovación da beirarrúa, que presentaba desgaste debido ao paso do tempo.
“Esta intervención permite mellorar a accesibilidade e a seguridade dos peóns, renovando unha beirarrúa que presentaba desgaste polo paso do tempo e pequenas irregularidades. Os viandantes contarán cun espazo máis seguro e funcional”, asegurou o concelleiro de obras, Ramiro Fernández Rey.