Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello conmemora o 8M con iluminación e a publicación da II edición de “Mulleres de Alfoz”

Alfoz, 5 de marzo de 2025. Baixo o lema “Libres e iguais: cada día máis forte”, O Concello de Alfoz anuncia as actividades programadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Como mostra de apoio e recoñecemento á loita das mulleres pola igualdade, a Casa do Concello tinguirase de violeta durante esta xornada.

Ademais, dentro do compromiso do Concello coa visibilización do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, publicarase a segunda edición de “Mulleres de Alfoz”. Esta iniciativa, que tivo boa acollida na súa primeira edición, recolle a traxectoria de mulleres do noso municipio, destacando as súa vidas de esforzo, superación e traballo. Nesta nova edición, contarase coa representación dunha muller de cada parroquia, sumando un total de nove protagonistas. Todas elas comparten historias de vida marcadas pola dedicación e unha conciliación familiar e laboral realizada sen axudas públicas.

O Concello de Alfoz reitera o seu compromiso coa igualdade e con iniciativas que contribúan a poñer en valor o papel das mulleres do noso concello. Animamos á veciñanza a participar nesta conmemoración e a descubrir as historias inspiradoras das “Mulleres de Alfoz”.

Exit mobile version