Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS suma 3 puntos nun minuto no Derbi das Costas (1-2)

O conxunto laranxa remonta o partido no minuto 11 mantendo o resultado, cun Burela defensivo fronte a un ofensivo Poio que finalmente non logra o empate

Burela, 8 de marzo, 2025. O conxunto feminino do Burela FS saíu vitorioso nun dos derbis máis competidos de Galicia, o “Derbi dás Costas” ante o Poio Pescamar FS. Nun enfrontamento con moita intensidade e bastante igualado, con ambos equipos cun partido de máis ao lombo, a semifinal de Copa Galicia disputada o pasado martes no que o Poio caeu fronte ao FSF Castro Bloques Cando mentres que o Burela vén cunha boa dinámica tras gañar ante o Marín Futsal e pasar á final. Neste segundo derbi da semana as mariñás compiten pola segunda posición co Futsi que hoxe se enfronta ao Alcorcón unha hora despois do derbi galego.

Partido moi parello no que o Burela logra sobrepoñerse no minuto 11 de xogo con dous goles case consecutivos e mantendo o resultado durante os 29 minutos restantes, cunha férrea defensa ante un Poio moi ofensivo que case logra empatar en varias ocasións nos últimos dous minutos de xogo con xogo de 5.

Primeira parte igualada, o Poio arrinca con enerxía xerando as primeiras ocasións do partido. Aínda que cun xogo bastante parello, sofre o Burela encaixando un primeiro gol nos primeiros minutos, tras un saque de banda Èlia pícaa desde a área por encima de Ana Eliza pegando o balón no traveseiro e entrando na portería visitante. Boa intervención da porteira brasileira no minuto 11, nunha falta peligrosísima para o conxunto pontevedrés e levántanse as mariñás conseguindo empatar e poñerse por diante no mesmo minuto. Empata Antía Pérez que supera a Èlia e dispara coándoa xunto ao pau cun disparo raso moi ben definido e adianta o marcador Emilly, segundos despois, tras unha recuperación de Antía nun errado saque de portería de Elena e unha boa combinación con Cris Lourés, que lla pasa á brasileira para que marque a pracer. Outra falta peligosa para o Poio no minuto 14 que se vai por encima da portería e continúa o xogo igualado manténdose o marcador ata o descanso.

Defende a portería laranxa a andaluza Caridad durante esta segunda parte e primeira ocasión para Antía Pérez cun bo disparo no minuto 1 da segunda parte, que saca Elena por riba da portería evitando o terceiro tanto. Téntao con saídas de porteira o Poio desde o minuto 5 conseguindo xerar algunha ocasión pero tamén cedéndolle algunha ás mariñás. Moito xogo de balón e poucas chegadas a porta nestes próximos minutos ata o minuto 10. O Poio tenta empatar en encontro pero o Burela prefire manter o resultado saíndo en curto e con calma, sen arriscar en defensa e tentando chegar a portería rival pasiño a pasiño ou nalgún contraataque, fronte a un Poio ofensivo que non logra chegar en moitas ocasións á área visitante nestes primeiros 10 minutos. Despexa o balón Elena no ecuador deste segundo tempo nun cara a cara con Emilly Marcondes que ben puido ser o 1-3 e despéxaa Caridad no minuto 31 nun disparo desde a frontal da área de Èlia salvando o empate. Tras varias ocasións, maiormente do Burela, volve salvar Caridad no 38, despexando un disparo de Rocío Molina que consegue burlar a Dany e tira desde a frontal da área. Téntao o conxunto de López-Tulla con xogo de 5 durante os dous últimos minutos, con Èlia de porteira-xogadora, xerando ocasións pero non conseguindo o empate, aínda que non sen un último susto cun balón ao traveseiro de Elena sobre a bucina que se vai por encima da portería.

Tras este partido o Burela está matematicamente clasificado para os Playoff polo Título e descansará unha fin de semana no que haberá concentracións coa Selección Española, do 9 ao 16 de marzo, para sesións de adestramento e dous amigables fronte á Selección Portuguesa que terán lugar en Navalcarnero e Alcorcón, do 17 ao 23 de marzo, na Elite Round de o Mundial Feminino de Fútbol Sala e ao que irán convocadas, por parte do Burela, Noelia Montoro, Antía Pérez e Dany, así como Carolina Pedreira por parte das lusas e Emilly Marcondes que viaxará para disputar a Copa América Feminina 2025 coa Selección de Brasil entre o 10 e o 20 de marzo. Tras o descanso nosas Pícaras terán unha potente volta á liga enfrontándose ao clásico dos clásicos, ante o Futsi Atlético Navalcarnero, ás 12.30 do 29 de marzo en Vista Alegre, encontro que se retransmitirá por Teledeporte, noutro Sábado Laranxa e Día do Club no que o equipo masculino se enfrontará ás 18.00h, tamén en Burela, ao Barça.

Ficha Técnica Poio Pescamar FS 1-2 Burela FS

Poio Pescamar (1): Elena; Èlia, Laura Uña, Martita, Chuli -quinteto inicial-, Irene García (C), Rocío Molina, Candela, Miri.

Burela FS (2): Ana Eliza; Antía Pérez, Noelia Montoro, Débora, Emilly -quinteto inicial-, Dany (C), Patricia, Dinha, Cilene, Cami, Cris Lourés, Caridad (ps).

Goles: 1-0, min. 5: Èlia. 1-1, min. 11: Antía Pérez. 2-1, min. 11: Emilly.

Árbitros: Iván Feliz Otero, Álvaro Sobral Moreno, Brais Comesaña Álvarez, Clara Díez Gil.

TA: Por parte do Poio, Rocío Molina. Por parte do Burela FS, Noelia Montoro.

Exit mobile version