O Vicedo, 25 de marzo, 2025. O Bloque Nacionalista Galego de O Vicedo, a través do seu portavoz municipal Miguel Gómez Fraga leva ao pleno de hoxe diversas demandas da veciñanza, parte das cales xa foron formuladas en plenos anteriores e incluso contaron coa aprobación da alcaldía, pero desde a mesma ainda non se procedeu a executar ningunha das demandas.
Plan de melloras para o sector gandeiro
Temas incluidos na proposta do Plan de Melloras para o Sector Gandeiro de O Vicedo que o BNG formulou tamén agardan ainda a que a alcaldía tome unha decisión ao respecto, coma por exemplo, entre outras, a proposta de subvencións para antenas de xeolocalización, así como a creación dun punto de desinfección de transporte de animais vivos, que tamén tivo no pleno o respaldo do alcalde, ou a petición dunha ITV móbil en Riobarba para os vehículos agrícolas, tractores, remolques e aperos.
Consideración de Zona de Ganadería de Montaña para O Vicedo
“Levamos estes asuntos ao pleno para que desde a alcaldía se pronuncien ao respecto e díen unha explicación de porque votan a favor das nosas propostas, que son demandas dos veciños, e despois non fan nada para levalas a cabo” afirmou Miguel Gómez, que fai fincapé tamén en que en setembro do 2023 foi aprobada unha moción do BNG na que se solicitaba a consideración de Zona de Montaña para a ganaderia de O Vicedo sen que ata o momento conste que o concello moveu algún papel ou realizou algunha acción ante as administracións competentes para conseguir esa calificación, tanto importante para os gandeiros de O Vicedo.
Limpeza de viais municipais
Outro dos temas que proporá o BNG no pleno deste mércores é a mellora da limpeza e desbroce das vías municipais. “Tendo en conta que o noso concello é moi extenso, cremos que é necesario reforzar o servizo coa contratación doutro peón tractorista para poder realizar esas tarefas en quendas de mañá e tarde” anunciou Miguel Gómez.
Melloras no saneamento
O 80% dos veciños de O Vicedo carecen de rede de saneamento público e sendo conscientes da dificultade de crear a corto prazo unha rede, o BNG presenta unha moción ao respecto na que se propón unha liña de subvencións para a mellora do saneamento autónomo e vaciado de fosas para poñer en igualdade de servizos o rural do concello. A proposta nacionalista é que se finacie con cargo ao Fondo de Compensacion Ambiental e que previamente se rexistren todas as instalacións de saneamento autónomo que hai no concello e se creen as correspondentes normas e baremos que rixan esa liña de subvencións.