A Mariña, 23 de marzo, 2025. Da Mariña até O Salnés, o BNG demandará o apoio do resto de forzas para exixir ao executivo desenvolver un plan de mellora, rehabilitación e adaptación desta estrada
Un plan, sinala o deputado do BNG, que aborde os problemas derivados da falta de mantemento, os relacionados coa seguranza viaria, as deficiencias do firme ou a súa adaptación a travesía urbana ao seu paso polos diferentes núcleos de poboación
A iniciativa do BNG será defendida por Néstor Rego na vindeira Comisión de Seguranza Viaria, previsibelmente este mércores, 26 de marzo, despois do pleno da cámara baixa