Elva Carrera: “As asociacións fan un traballo de revitalización da vida no concello e merecen axuda”
A Pastoriza, 27 de Marzo de 2025. O BNG da Pastoriza recordarlle á equipa de goberno que as asociacións culturais, entidades deportivas e comisións de festas levan sen recibir as axudas correspondentes ao 2024, algo que precisan para poder seguir realizando as súas actividades.
A concelleira nacionalista fixo fincapé no gran traballo que as entidades fan pola Pastoriza, expoñendo a súa preocupación polos problemas de financiamento que están a sufrir, Se queremos que se manteña a importante actividade deportiva e cultural da Pastoriza debese atrasar o menos posíbel o pago das subvencións e convenios, Carrera expuxo que “A Pastoriza é unha vila que conta cun gran tecido asociativo que historicamente é quen dinamizada a vida da vila e son as asociacións locais coas súas actividades anuais e puntais as que lle dan vida ao concello pero debido a esta débeda que ten o concello con elas pois algunhas están en risco de supervivencia”.
O pago a estas entidades deberían estar feitos dentro do ano 2024 pois nos orzamentos dese ano constaban esas partidas como consignadas ás entidades co cal non entendemos que non se lles teña feito o pago. Esto o que nos demostra é unha mala xestión por parte do PP dos recursos que ten o concello, a que dedicaron eses partidas?, porque non se lles paga as entidades?, pregunta Elva Carrera. “Teñamos en conta que estamos a piques de comenzar a época de festas parroquiais e as comisións de festas aínda non cobraron o que lles tocaba de 2024”.