A mostra, que viaxa por centros de secundaria da provincia desde o pasado outubro, está formada por unha trintena de paneis que repasan o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta ata a revolución creativa actual, a través das bandas e solistas máis influíntes en diferentes estilos -ritmos tradicionais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap-. Tamén incorpora códigos QR cunha ligazón directa a unha lista de reprodución propia do proxecto para poder escoitar unha escolma de temas representativos da evolución descrita nos paneis.
O comisario da exposición e responsable do portal Ábrete de Orellas Pepe Cunha estivo esta mañá no instituto viveirense para comentar co alumnado o contido da exposición, que permanecerá no centro durante unha quincena.