Burela, 10 de marzo de 2025. O alumnado do Bacherelato de artes deseñou e realizou un novo mural ao longo dos últimos días na rúa Nosa Señora do Carme de Burela.
Este mural foi froito da colaboración entre a Área de educación do Concello de Burela e os centros educativos do municipio.
“Agradecemos moito a implicación tanto do alumnado coma do departamento de artes do centro”, sinala o tenente de alcaldesa e concelleiro de Mocidade de Burela, Mario Pillado.
“Para nos é unha obriga traballar da man da comunidade educativa, pero tamén un orgullo e un privilexio, porque nos permite obter resultados tan bos coma o deste mural, centrado na temática da saúde”, engade.
Está previsto que dende o IES Perdouro complementen esta obra de artes engadindo pequenas pezas metálicas que os seus propios alumnos e alumnas van deseñar e fabricar.