Ribadeo, 27 de marzo de 2025. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, participa hoxe en Logroño na xuntanza da comisión de políticas integrais de discapacidade.
O rexedor dixo que “Ribadeo segue a dar exemplo mellorando a accesibilidade nos edificios públicos. Acabamos de construír unha nova rampla para facilitar o acceso á Biblioteca Municipal El Viejo”. E lembrou: “ao igual que fixemos no seu día instalando un ascensor na Escola Municipal de Música e Danza”.
Vega subliñou: “desde o Concello de Ribadeo seguiremos nesta liña de traballo para que todos os edificios municipais sexan de fácil acceso para todas as persoas así como todas as rúas e espazos públicos da nosa vila”.