Será ás 18:30 horas nas Escolas Vellas de San Román, coa colaboración da Comunidade de Montes desta parroquia, e que contará coa actuación do Dúo Zafiro.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu no pavillón Vista Alegre ao partido da Primeira División Iberdrola FS entre o CD Burela FS e o Futsi Atletico Navalcarnero.
Será na Casa da Cultura ás 19:30h con entrada gratuita. Nesta ocasión o grupo 57 palabras, de Viveiro, representará a obra: Sen flores nin coroas. Entrada libre.
Neste encontro, que se desenvolveu en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio lucense. Allegue e Gueimunde coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
Será entre os días 12 e 16 de abril. Como cada ano conta coa organización da Asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
O restaurante, situado en Vilaframil (Ribadeo), organiza unhas xornadas de degustación internacional, dedicadas á gastronomía portuguesa e arxentina, desde este sábado, día 29 de marzo, ata o 13 de abril. Haberá dous menús degustación, ambos por 35 euros persoa.
Correrá a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención. Exporanse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados. O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.
Nesta ocasión o acento estará no mundo do viño. Da man da prestixiosa catadora lucense Isa Lozano, o restaurante ofrecerá cinco viños seleccionados, que serán comentados pola catadora, que se acompañarán con cinco tapas deseñadas para a ocasión polo restaurante. As prazas son limitadas, teñen un custo de 32€ e é necesario reservar con antelación.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital