Está na rúa San Francisco, chámase Aware Cakes e acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.

Está na rúa San Francisco, chámase Aware Cakes e acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas titulares de inmobles residencias sitos no termo municipal do concello de Xove en contornas sen rede de saneamento municipal que estean provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais en sitios sen rede de sumidoiros municipal. As bases foron públicadas no BOP do 8 de marzo e pódense ver tamen no taboleiro de anuncios do Concello de Xove.
Nesta ocasión o acento estará no mundo do viño. Da man da prestixiosa catadora lucense Isa Lozano, o restaurante ofrecerá cinco viños seleccionados, que serán comentados pola catadora, que se acompañarán con cinco tapas deseñadas para a ocasión polo restaurante. As prazas son limitadas, teñen un custo de 32€ e é necesario reservar con antelación.
Correrá a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención. Exporanse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados. O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.
Este xoves, 27 de marzo, vén de saír publicado no DOG e no BOE o listado de parcelas de propietarios descoñecidos ou con erros catastrais que están afectadas pola faixa dos 50 metros de protección de incendios aos núcleos rurais e as vivendas illadas que deben facer os traballos de xestión da biomasa e, de ser o caso, retirar as especies arbóreas prohibidas antes de rematar o mes de maio.
Na visita na que estivo acompañado do alcalde, Daniel Vega, sinalou o firme compromiso da Xunta de Galicia para seguir impulsando iniciativas que favorezan o envellecemento activo e saudable e poñendo en marcha recursos que coma este facilitan a vida diaria dos maiores e reforzan a súa autonomía.
O Concello de Cervo queremos de novo colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así, este martes abre o prazo para participar nunha nova edición deste programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.
Estarán presentes Fran Cañoto, presentador do programa "A voltas co prato" e Xulio Mato, cociñeiro do mesmo. Será na Biblioteca Municipal "El Viejo Pancho", ás 19,30, coa organización da A.C. Francisco Lanza.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital