Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición do Tapeo de Trabada os días 11, 12 e 13 de abril

Trabada, 27 de marzo de 2025. O Concello de Trabada anuncia a celebración do evento gastronómico “Trabada Tapeo 2025”, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de abril. Esta iniciativa busca promover a hostalería local e dinamizar o municipio a través da gastronomía.

Participan os tres establecementos da localidade

A Taberna da Curuxeira, que ofrecerá “Crujiente de pataca rechea” e “Ensalada mariñeira”.
Mesón Camiño Norte, que presentará “Vieiras en frío y fuego” e “Tosta de sensaciones”.
O Porfirio, con “Carne mechada con verduras confitadas” e “Moruno con salsa”.

Todas as tapas terán un prezo de 2,50€

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia deste evento para a economía local: “É un impulso para os nosos establecementos hostaleiros, ao tempo que converte o noso concello nun punto de encontro gastronómico. Queremos que tanto os veciños como os visitantes gocen da nosa riqueza culinaria e axuden a dinamizar a nosa vila”.

O evento está organizado polo Concello de Trabada dentro da súa aposta polo turismo e a promoción do sector servizos. Ademais, contará cun ambiente festivo que fará da fin de semana unha ocasión especial para gozar da boa gastronomía e da hospitalidade trabadense.

Exit mobile version