Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen (se o tempo acompaña). A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, artigos para o fogar e Ópticas.
Para aproveitar estas oportunidades “animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía”.
“Teremos a oportunidade de mercar artigos de primeiras marcas pero con super descontos, que mellor oportunidade!”.
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor amarelo co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.
Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
“Un final de rebaixas por todo o alto, con súper descontos, tiramos a casa pola ventá!!”. Os participantes e as suas promos son: