Site icon Crónica3.com A Mariña

Miles de persoas berran en Viveiro: “A sanidade escarallada e o PP de mariscada”

A Mariña, 23 de marzo 2025. Desde o BNG A Mariña aplauden a gran resposta que a sociedade mariñá deu na mañá de hoxe “ás políticas de desmantelamento da sanidade pública na comarca levadas a cabo nos últimos anos e especialmente acentuadas desde a eliminación da Área Sanitaria perpetrada polo Partido Popular no 2017”.

“No seu momento xa dixemos que a eliminación da nosa Área Sanitaria era o inicio do empeoramento da atención sanitaria na comarca e así está sendo a nivel de atención primaria e de atención hospitalaria, pois cada día hai máis servizos que están en cadro obrigando aos doentes a desplazarse a Lugo, con viaxes de días enteiros e 100km, que son tamén unha viaxe no tempo corenta anos atrás”, manifestou o responsable comarcal Antonio Veiga, quen instou ao PP a reconsiderar e frenar as súas posturas en contra da sanidade pública na Mariña levadas a cabo por un conselleiro “indigno de tal cargo ante o que os cargos mariñaos do PP agachan as orellas vergonzosamente”. E nese sentido fixo referencia a unha das consignas coreadas na manifestación: “A sanidade escarallada e o PP de mariscada”, “algo que reflicte moi ben cales son as prioridades do PP, porque non teñen a máis mínima vergonza”, manifestou Veiga.

Exit mobile version