Viveiro, 12 de marzo, 2025. Despois da Moción de Censura do pasado venres 7 de marzo, María Loureiro, ex Alcaldesa de Viveiro e voceira do grupo municipal socialista afirma:”Imos seguir traballando dende a oposición coa experiencia de Gobierno”. “Traballaremos con Humildade, respeto e responsabilidade, como sempre o fixemos, comprobando que saian adiante todos os proyectos e obras que xa desarroiamos no goberno e que están en marcha”
O Partido Socialista de Viveiro é a principal forza da oposición, por iso consideran que deben liderala con responsabiliade.
“0s veciños e veciñas de Viveiro nas pasadas eleccións de maio de 2023 decidiron darnos a súa confianza e ser a segunda forza, e a primeira da esquerda”.
Para o partido Socialista de Viveiro os veciños son o primeiro e “o antepoñemos a interes partidistas”.
“O goberno saínte deixou en marcha proxectos de relevancia para o noso concello: a remodelación da fachada Marítima de Celeiro, co arreglo da Rúa do Porto. Conseguemos que se licitara o proxecto da praia de Covas, que permitirá recuperar para use e disfrute da cidadanía o sistema dunar máis grande de Galicia. A mellora da pasarela do río Landro, o Barrio de Conexo de Covas, que vai no plan Diputación de Lugo, unha obra de 180.000€ ou a reconstruccion do Barrio de Xunqueira, onde o anterior goberno socialista consiguiu un convenio coas tres administracións, concello, Deputación e Xunta, entre outros proxectos.
Por último “dar as gracias a todos os veciños/as polo seu apoio e ánimo para seguir traballando”.