O Goberno galego consolida o seu compromiso con este municipio mariñao, no que nos dous últimos anos investiu case 1,7 millóns de euros
Villares, que aproveitou a ocasión para felicitar en persoa a Gueimunde, quen vén desempeñando dende o ano 2023 o posto de xefa territorial de Mar na provincia de Lugo, tamén asumiu o compromiso de poñer en marcha a que é unha das prioridades da rexedora nestes intres: a rehabilitación e humanización do peirao vello. Deste xeito, ambas partes acordaron que un equipo de Portos de Galicia se desprazará a Viveiro na vindeira semana co fin de coñecer a situación e proceder á redacción do proxecto de acordo entre ambas partes.
Pendentes de Costas
No transcurso do encontro, coincidiron en sinalar que a Consellería non pode proseguir co proxecto de ampliación do dique de abrigo, que está en tramitación ambiental e administrativa, debido a que o departamento de Costas do Estado continúa sen facilitar a documentación necesaria para que a administración autonómica dea continuidade ao procedemento administrativo e executar esta actuación, que ten un investimento previsto de 1 millón de euros. A este respecto, a alcaldesa adiantou que remitirá un escrito ao departamento estatal, co fin de desbloquear o proxecto.
Compromiso con Viveiro
A Consellería do Mar mantén así o seu compromiso con este municipio, no que se asenta un dos portos de máis envergadura do Cantábrico. Concretamente, nos últimos dous anos, este esforzo inversor elevouse aos case 1,7 millóns de euros, cos que se executaron os seguintes proxectos: ampliación de pantaláns, rehabilitación da nave de redes, renovación de firmes e pavimentos e mellora da iluminación da zona norte.