Presenta unha candidatura que representará a tódalas comarcas da provincia, onde terán cabida tanto alcaldesas e alcaldes como portavoces na oposición, e desde militantes históricos do PSOE ata membros das Xuventudes Socialistas de Lugo
Lugo, 27 de marzo de 2025. Iván Castro, deputado provincial e portavoz socialista en Paradela presentou hoxe a súa precandidatura á Secretaría Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo.
Castro presentaralle á militancia da provincia un programa baseado en “devolverlle a ilusión á militancia. Apostamos por un proxecto renovador que conte con todas e con todos, con humildade, traballo e proximidade aos concellos”.
O precandidato socialista estivo na sede do partido acompañado, entre outros de Mayra García Bermudez, ex-alcaldesa de Trabada, Juan José Díaz Valiño, ex-secretario de organización provincial, José María Arias, alcalde de Castroverde, Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz, José Fernández, alcalde de Navia, Judith López e Alba Sinde portavoces no concello de O Saviñao e Castro de Rei respectivamente, David Rodríguez, Secretario de Organización do PSdeG en Monterroso , tamén o acompañou a Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Lugo Elena Cordero.
Iván Castro presenta unha candidatura na que conflúen compañeiros e compañeiras que ostentan responsabilidades de goberno como alcaldesas e alcaldes, pero tamén a moitos portavoces en concellos onde o PSOE está na oposición.
A candidatura aposta por unha profunda renovación do PSOE de Lugo, pero ao mesmo tempo conta co respaldo de socialistas históricos que ven necesario “darlle un novo impulso ao Partido en Lugo”.
Iván Castro, é un militante de 32 anos que conta cunha traxectoria vinculada ao municipalismo e a militancia de base. O proxecto que representa aposta por unha renovación profunda do partido, fortalecendo o papel das agrupacións locais e garantindo unha estrutura máis próxima e útil para a militancia.
“É o momento de abrir unha nova etapa no socialismo lucense, na que cada agrupación local teña voz e protagonismo, e na que os afiliados sintan que o partido traballa para eles, ofrecéndolles ferramentas, formación e apoio no seu labor político”, declarou Castro.
O proxecto que encabeza pon o foco na modernización do partido, a descentralización da xestión provincial e a creación de espazos de participación activa para a militancia. “Necesitamos un PSOE de Lugo dinámico e próximo con eficacia, que traballe día a día ao servizo dos seus afiliados e da cidadanía”, engadiu.
Nas próximas semanas, Iván Castro establecerá un contacto directo coa militancia para presentar as súas propostas e abrir un proceso de escoita activa. “Queremos construír este proxecto entre todos e todas, desde a base, mantendo o contacto directo con quen sostén este partido co seu esforzo e compromiso diario”.
A candidatura preséntase co obxectivo de unir ao partido ao redor dun proxecto renovador que reforce a súa estrutura, revitalice a súa militancia e prepáreo para os retos de futuro. “O PSOE de Lugo ten que ser un referente de participación, compromiso e proximidade, e para iso é imprescindible abrir unha nova etapa organica no partido”