O alcalde, Fran Cajoto, explica: “con esta obra imos abrir a urbanización de As Lagoas (As Torres) á praia de Llas e ao paseo marítimo, facilitar a saída do estacionamento das Torres e mellorar a accesibilidade dos veciños da zona aos seus garaxes. Unha vez rematada imos dispoñer dun vial de saída para os vehículos e un camiño peonil, que conectará coa senda xa realizada e que é utilizada diariamente por moitos veciños que camiñan cara a Llas. Grazas tamén a novas farolas imos a recuperar unha zona traseira, degradada, abríndoa ao uso e desfrute de todos”.