A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, considera que Alcoa é un “proyecto clave” polo que representa para o sector do aluminio en España
Madrid, 19 de marzo de 2025. A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, puxo en valor o diálogo entre as Administracións, empresa e traballadores para garantir a continuidade de Alcoa “no solo como empresa, sino como proyecto clave por lo que representa para el sector del aluminio en España”.
Tras a reunión da mesa de seguimento de Alcoa celebrada hoxe na sede do Ministerio de Industria e Turismo, na que ademais da secretaria de Estado de Industria estiveron presentes a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; responsables da empresa e membros do comité de empresa, Rebeca Torró destacou o traballo conxunto entre as partes “para garantizar la capacidad industrial y los puestos de todos los trabajadores y trabajadoras”, y ha asegurado que “la situación respecto a Alcoa es mejor que hace un año”.
“Hay un plan establecido de acuerdo a las cuestiones y necesidades que la empresa nos planteó y a las que hemos ido dando respuesta desde el Gobierno de España”, manifestou Rebeca Torró.
Por último, a secretaria de Estado reiterou o “compromiso firme” do Goberno coa industria galega: “Desde el Gobierno siempre vamos a trabajar para encontrar una solución viable, sostenible y que garantice el presente y futuro de la planta de San Ciprián y confiamos en el diálogo abierto con resto de Administraciones, empresa y trabajadores para seguir trabajando en este objetivo”.
Acordo de intencións
O pasado mes de xaneiro o Ministerio de Industria e Turismo, a Xunta de Galicia, Alcoa e IGNIS asinaron un memorándum de entendemento (MoU) para asegurar o futuro a longo prazo do sector do aluminio.
Este acordo de intencións recolle o interese das partes en colaborar xunto cos traballadores e traballadoras da planta para lograr a estabilidade das operacións, dando prioridade á reactivación das instalacións de aluminio. Do mesmo xeito, o texto subscrito contempla axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos.
Tamén se inclúe o impulso de actuacións para a autorización e posta en marcha dos proxectos de zonas de almacenamento de residuos que Alcoa está a promover no complexo industrial, que son necesarias para apoiar a continuidade da súa operación.