Cervo, 28 de marzo, 2025. Unha das Foodtrucks da campaña da Consellería do Mar, ofreceu esta mañá deliciosos petiscos ás crianzas do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz.
Con eles estivo a alcadesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.
Os/as pequenos/as non perderon detalle da charla didáctica que lles ofreceron sobre a importancia dunha dieta saudable, poñendo en valor o traballo da xente do mar e a materia prima que era a base dunhas tapas das que non deixaron bocado.