Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo recoñeceu os éxitos dos seus deportistas na Gala celebrada este venres no pavillón da Avenida de Luarca

Foron 506 rapaces e rapazas os homenaxeados de 16 modalidades deportivas. O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo do evento, que contou coa participación de coñecidos referentes deportivos como Óscar Pereiro, Iván Raña e Ezequiel Mosquera. Os tres animaron aos asistentes a seguir facendo e practicando deporte. Ao acto asistiron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero, así coma o equipo de goberno ribadense.

Exit mobile version