Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado 8 de marzo, despois dunha cea de confraternidade, tivo lugar a entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que organiza cada ano o Centro Social de Monte (Penas Agudas-Xove) coa colaboración do Concello de Xove

Foron 15 as parellas participantes e os premios quedaron deste xeito: Primeiros clasificados: Abelardo Lestegás-Jesús Pérez. Segundos clasificados: José Montenegro- José Aparicio. Terceiros clasificados: Jesús Galdo- Eduardo Sánchez. Tamén houbo agasallos especiais para as tres mulleres participantes (Isabel Pérez, Ana Sánchez e Sara Gómez), para o participante máis novo (Gabriel Valadares Pérez) e para os colistas (Pablo Balsa – Antonio Fernández).

Exit mobile version