Foz, 24 de marzo de 2025. Hoxe tivo lugar o sorteo da campaña do Día do Pai de Acia Foz-CCA, que repartiu 500 euros en vales de compra.
Os números premiados foron os seguintes: 12.128, que foi entregado en Viajes Rodríguez; 13.610 en Mi Casa; 14.390 entregado en Librería Bahía; 17.128 en Pescadería Coyote; e 25.895 entregado en Pastelería Anduriña. Cada unha das cinco persoas afortunadas recibirá un vale de compra de Acia Foz-CCA por importe de 100 euros. Agora xa poden dirixirse á asociación para reclamar os seus premios.
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e coa xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA agradece “a fidelidade da clientela dos negocios de Foz, aos que acudiron para mercar os agasallos do Día do Pai e tamén para os Pepes e as Pepitas”.
Acia Foz-CCA organizou esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia e do Concello de Foz.