Ribadeo, 12 de marzo de 2025. O vindeiro domingo, 16 de marzo, terá lugar o II Trofeo Máster Vila de Ribadeo, que organizan o Club Ciclista Eo e o Concello. A saída está prevista para as 11:00 horas.
A proba disputarase nas categorías M30-40-50-60 masculina e feminina. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, día 13, ás 15:00 horas en www.fgalegaciclismo.es
O evento, que está organizado polo Club Ciclista Eo e polo Concello de Ribadeo, foi presentado no Pazo de Ibáñez. Ao acto asistiron: Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Iván López, técnico municipal de Deportes; Dani Vega, alcalde de Ribadeo; Marcelino López e Ismael Rey, presidente e secretario do Club Ciclista Eo, e Lázaro López do Club AeroDynamics.
Francisco José Silvent declarou: “Ribadeo segue acollendo diferentes eventos deportivos nas fins de semana, que contribúen a dinamizar os negocios da nosa vila e son tamén unha boa promoción turística para quen nos visita. O turismo deportivo vai a máis e iso tamén é importante para un concello como o noso”.