Cervo, 29 de marzo, 2025. O Concello de Cervo, a través do Club Deportivo San Ciprián e da Federación Galega de Piragüismo acolle estes días na Casa da Cultura un curso de monitor asistente de piragüismo.
Unha formación chave para quenes desexan iniciarse na ensinanza deste deporte.
O curso outorga unha certificación avalada pola Real Federación Española de Piragüismo.
Ademais, os participantes poderán acceder directamente ao Grao Medio en Técnico Deportivo en Augas Tranquilas, convalidando materias e obtendo un desconto na matrícula se se inscriben nos dous anos seguintes.