Viveiro, 16 de marzo, 2025. A Intelixencia Artificial (IA) está presente en moitas das actividades que realizamos a diario: desde recomendacións personalizadas que recibimos nas redes sociais, aplicacións de recoñecemento de voz e os asistentes e chat bots como ChatGPT. A IA inflúe en aspectos cotiáns, na nosa educación, no ámbito laboral e prevese que o faga aínda máis no futuro, o que xerará novas oportunidades, pero tamén supoñerá novos retos.
Neste curso coñeceranse os fundamentos básicos da IA, algunhas das súas principais aplicacións, o seu impacto e aprenderase a avaliar críticamente os seus beneficios e limitacións. Con exercicios sinxelos e actividades guiadas, os asistentes familiarizaranse coas tecnoloxías que posibilitan a IA e probarán ferramentas para explorar como se pode aplicar a IA a diferentes áreas de interese.
Estará impartido os días 5 e 26 de abril de 2025 de 10:00 a 14:00 h por José Antonio García Naya Doutor en Enxeñería Informática. Profesor Títular de Universidade da Coruña (Liñas de Investigación: Avaliación experimental de sistemas inalámbricos en contornas realistas; procesado de sinal para comunicacións inalámbricas; redes de sensores, especialmente dedicadas ao posicionamento en interiores; agrupacións de antenas moduladas temporalmente aplicadas a sistemas de comunicacións inalámbricos).
Espazos nos que se desenvolve: Aula Universitaria UNED de Viveiro; Avda. Cervantes s/n (Claustros Iglesia San Francisco) 27850 Viveiro. Para máis información: Tel. 982 56 36 01 / correo electrónico: viveiro@lugo.uned.es