Site icon Crónica3.com A Mariña

Conta atrás para o Enduro Monte Castelo de Burela, que se celebra o 12 e13 de abril

Daniel García participou na presentación da proba, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Lugo, 14 de marzo de 2025.- Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.

O deputado de Mocidade Daniel García participou este venres na presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.

No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela Carmela López, o tenente de alcaldesa Mario Pillado e o concelleiro de Deportes Carlos Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da veciñanza.

Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de posibilidades de facer deporte. Cantas máis alternativas se ofrecen e máis diverso sexa o tecido deportivo, máis posibilidades estamos xenerando de que as persoas de todas as idades se animen a facer deporte”

Tamen destacou “a labor da organización para sacar adiante a proba, creando e acondicionando o circuíto, especialmente nos tramos de monte”

A axenda da proba arrancara o sábado 12 de abril cos adestramentos nos tramos urbanos e culminara o domingo, 13 de abril, coa competición nos diferentes tramos do circuíto que conta con 28 quilómetros de percorrido e 1.400 metros de desnivel.

Exit mobile version