O comité executivo da Fundación Expomar ultima os detalles da próxima Feria Expomar, que celebrará a súa XX edición do 7 ao 10 de maio na nave de redes do porto de Burela
Burela, 15 de marzo, 2025. Despois de meses de traballo e planificación, xa faltan pouco máis de sete semanas para a gran cita bienal da Fundación Expomar: a súa feira monográfica náutico pesqueira, que volverá converter Burela na capital do mundo do mar durante catro días e aspira a superar os récords de superficie de exposición e participantes da anterior edición, ocupando máis de 5.000 metros cadrados de exposición e con 400 marcas de diferentes países representadas na feira.
O Comité Executivo da Feira Expomar 2025 reuniuse este venres para seguir pechando os últimos detalles da vixésima edición do evento, tanto do salón de exposición, que presentará grandes novidades con respecto a anos anteriores, como das Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que cumprirán as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, e que reúnen cada ano aos profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e onde se debaterá sobre o futuro do sector pesqueiro, abordando como sempre os retos e dificultades do momento na pesca.
En menos de dous meses a nave de redes volverá acoller a celebración do certame, nunha contorna do porto de Burela no que se están realizando nestas datas importantes obras e investimentos por parte de Portos de Galicia e Augas de Galicia. Desde a Fundación Expomar agradécese a gran disposición destas entidades para que os arredores da feira luzan perfectos a principios do mes de maio.
Turismo Pesquero
Unha das grandes apostas da Fundación Expomar nos últimos anos é a promoción do turismo mariñeiro, do que Expomar e Burela son principais promotores en España.
De feito, desde a Fundación están a ultimarse tamén os detalles para a celebración dunha Xornada sobre a “Rede Nacional de Turismo Pesqueiro”, da que Expomar é unha das entidades promotoras.
A cita terá lugar o vindeiro xoves 10 de abril en Burela enfocada especialmente a entidades e profesionais relacionados con experiencias turísticas, e nela amosaranse tamén exemplos exitosos de turismo mariñeiro que xa se están levando a cabo noutras zonas de Galicia.